AGRADECEMENTOS
Queremos agradecer a tod@s os que dun xeito ou doutro colaborastes e vos ilusionastes polo proxecto, pero en especial queremos darlle as grazas:
-
A Juan Lamela por darnos a incubadora e espertar con ela a nosa curiosidade.
-
A Jesús López Moscoso por crear a plataforma que permitiu que os ovos desen a volta durante a fin de semana.
-
A Javi, o conxerse, por preparar a instalación eléctrica, por facernos a caixa para cando nacesen os pitiños, por ir a darlles de comer durante a fin de semana e por outras mil cousas que sempre lle pedimos.
-
A Chechu por cedernos a súa lámpada das contraccións.
-
A Matu, de Edicións Tambre polo robot que tanto nos marabillou.
-
Ás familias polo seu traballo e colaboración.
-
Ao noso alumnado por manter a ilusión por aprender e sorprenderse con cada pequena actividade que deseñamos para eles.
-
Ao profesorado e alumnado que pasastes polo noso corredor.
-
Ao Equipo de Biblioteca por colaborar con nós.
-
Ao Equipo directivo por permitirnos innovar e ilusionar.
